V Olimpíada de Xeoloxía

fase galega

A Asociación Española para a ensinanza das Ciencias da Terra (AEPECT) convoca a V Olimpíada de Xeoloxía na que colaboran a ETSE de Minas de Vigo, a Facultade de Ciencias de Ourense, a Facultade de Bioloxía-USC e a Escola Politécnica Superior de Lugo.
Esta actividade está dirixida a alumnado de 4º de ESO e Bacharelato, co obxecto de espertar o seu interese polos contidos e competencias relacionados coa Xeoloxía, nunha sociedade que precisa cada vez máis de profesionais que xestionen os seus recursos de xeito sustentable.

Prazo de inscrición: do 20 de outubro ao 5 de decembro de 2013.

As probas terán lugar o martes 18 de febreiro de 2014. Os participantes poderán elixir entre as catro sedes colaboradoras, segundo criterio de proximidade.
Para formalizar a inscrición e recibir información detallada das bases, as persoas interesadas poden dirixirse ao enderezo: aepectgalicia@gmail.com.
 

Palabras clave: