IV Concurso de Divulgación Científica CPAN

O proxecto Consolider-Ingenio 2010 CPAN (Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas e Nuclear), convoca o seu IV Concurso de Divulgación Científica en colaboración coa Fundación Xeral CSIC.
Este certame pretende estimular e recoñecer a produción de material divulgativo dirixido ao público xeral, e aos estudantes de educación secundaria e universitarios en particular, sobre os principios, avances científicos e tecnolóxicos así como os beneficios da Física de Partículas, Física de Astropartículas e Física Nuclear.

Poderán participar investigadores de organismos públicos e privados, estudantes de doutorado e grao, profesorado de educación secundaria, profesionais da divulgación científica e periodistas. A participación pode ser individual ou en grupo, podendo optar a unha ou varias modalidades.

Modalidades:

  • Artigos de divulgación
  • Webs e/ou Blogs
  • Vídeos
  • Experimentos, Demostracións e/ou Aplicacións móbiles
  • Traballos publicados en medios de comunicación

Forma e prazo de presentación:

Poderán presentarse os traballos ata o  30 de setembro de 2013 a través da aplicación web creada a tal efecto na intranet do CPAN.

 

Bases do concurso