VII Congreso de Educación Matemática
Data:
Desde venres, 26 de setembro de 2014 ata sábado, 27 de setembro de 2014
Lugar:
Santiago de Compostela
Organizado por AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática),celebrarase na Facultade de Matemáticas de Santiago, os días 26 e 27 de setembro de 2014, este VII Congreso, coa intención de que se converta nun foro de presentación dos traballos e iniciativas máis salientables realizados en Galicia no eido da educación matemática.
Conscientes da importancia do ensino dende os primeiros niveis educativos, a invitación a participar neste congreso vai dirixida especialmente ao profesorado de Infantil e Primaria.
Máis información nesta LIGAZÓN.