Simposio sobre Doutoramento en Educación
Co motivo da celebración dos 50 anos dos estudos da Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Facultade de Ciencias da Educación, xunto co Departamento de Pedagoxía e Didáctica e o Instituto de Ciencias da Educación (ICE), organizan este Simposio que se celebrará os días 15 e 16 de maio de 2024.
O evento supón unha magnífica oportunidade de reflexión e punto de encontro entre investigadores do ámbito da Educación. Entre outros obxectivos, preténdese analizar a situación e perspectivas do Doutoramento en Educación no marco dunha sociedade do coñecemento. Ademais, dialogarase sobre a relevancia e calidade dos Programas de Doutoramento, estudar as súas distintas modalidades e xerar e/ou afianzar espazos de debate e participación dos estudantes de doutoramento en Educación.