Congreso Intelixencia artificial e educación

Data: 
sábado, 16 de marzo de 2024
Lugar: 
Santiago de Compostela

Neste congreso, que se celebrará no edificio Fontán da Cidade da Cultura o vindeiro sábado 16 de marzo, trataranse os seguintes contidos:

1.Introdución á intelixencia artificial.

2.Aspectos éticos e mecanismos de regulación da intelixencia artificial.

3.Ferramentas de intelixencia artificial para a docencia.

4.Protección de datos e intelixencia artificial no ámbito educativo.

Os obxectivos qu es epretenden acadr con este evento son:

1.Coñecer os conceptos fundamentais da intelixencia artificial e a da súa aplicación ao ámbito educativo.

2.Analizar os aspectos éticos, de seguridade e legais relacionados co uso da intelixencia artificial.

3.Propiciar o achegamento do profesorado a ferramentas de intelixencia artificial útiles para o seu labor docente.

Inscricións en fprofe ata o 6 de marzo de 2024 (códgo da actividade G2314003)