EDUCA 2023
A Universidade da Coruña e Educa organizan a sexta edición deste congreso que será un foro para o intercambio de coñecementos e experiencias didácticas entre profesorado e profesionais da educación, abordando todas as etapas educativas e todas as áreas temáticas.
Os destinatarios do congreso son:
• Docentes que impartan docencia en calquera etapa educativa desde educación infantil ata a Universidade.
• Profesionais da educación que, sen ser docentes, desempeñen o seu labor como orientadores, psicólogos, xestores, directivos, etc.
• Estudantes universitarios e de Formación Profesional con estudos vinculados ao ámbito da docencia.
• Outros perfís interesados na educación.
O evento celebrarase no salón de actos da Facultade de Economía e Empresa da UDC, situada no campus de Elviña, do 2 ao 4 de marzo.