XXXI Xornadas de Lingua e Literatura
Data:
sábado, 23 de abril de 2022
Lugar:
Santiago de Compostela
A asociación socio-pedagóxica galega organiza estas xornadas presenciais que se celebrarán o 23 de abril no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela) co fin de acadar os seguintes obxectivos:
- Achegar información sobre o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán.
- Reflexionar sobre a situación actual da narrativa galega escrita por mulleres a través dun coloquio entre representantes da mesma.
- Coñecer e poñer en valor a obra dun autor consolidado nas nosas letras a través do relato sobre a súa obra.
Matrícula aberta ata o 22 de abril.