Obradoiro de apoderamento lingüístico
Data:
Desde martes, 29 de marzo de 2022 ata martes, 5 de abril de 2022
Lugar:
Aula de Música da Facultade de Formación do Profesorado (Lugo)
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Formación do Profesorado da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística, organiza este obradoiro co obxectivo principal de promover a responsabilidade na normalización social do galego como parte do ámbito competencial dos mestres e mestras.
O obradoiro tamén pode resultar de interese para todo o alumnado a pesares de estar dirixido, de xeito preferente, ao estudantado da materia Educación e linguas en Galicia e ao alumnado dos graos en Mestre/a en Educación Infantil e Mestre/a en Educación Primaria.
O prazo de inscrición remata o 24 de marzo. A matrícula pode formalizarse nesta ligazón.