X Seminario-Obradoiro internacional de avaliación de materiais didácticos

Que facer cos Robots na escola e nos fogares?
Data: 
Desde venres, 29 de marzo de 2019 ata sábado, 30 de marzo de 2019
Lugar: 
Ames (A Coruña)

Conscientes da necesaria formación en metodoloxías STEM (Ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), e partindo de que a escola é un espazo de aprendizaxe na que debe realizarse un tratamento reflexivo, crítico e innovador dos avances tecnolóxicos e científicos, CAVILA (grupo de traballo de materiais curriculares de Nova Escola Galega) organiza este seminario coa finalidade de ofrecer un espazo de encontro para o profesorado e a comunidade educativa co fin de favorecer a análise e utilización crítica dos robots nas aulas de educación infantil, primaria e secundaria.
Celebrarase no Pazo da Peregrina (Bertamiráns – Ames) os días 29 e 30 de marzo de 2019.
Os obxectivos previstos son:

- Coñecer tipoloxías de robots e estratexias metodolóxicas para utilizar estes recursos en diferentes etapas educativa.

- Tomar decisións construtivas respecto do uso dos considerados robots educativos no contexto escolar e familiar.

- Valorar os robots educativos para analizar a súa utilidade.

- Intercambiar perspectivas e ideas para o desenvolvemento das competencias STEM.
 

Arquivos adxuntos: