Simposio Antonio Fraguas

Data: 
Desde martes, 26 de novembro de 2019 ata xoves, 28 de novembro de 2019
Lugar: 
A Coruña e Santiago de Compostela

O Consello da Cultura Galega e a Fundación Antonio Fraguas organizan conxuntamente este encontro coa colaboración da Xunta de Galicia. O Simposio Antonio Fraguas profunda no legado do protagonista das Letras Galegas 2019 con tres xornadas entre A Coruña e Santiago. Este evento pechará a celebración das Letras Galegas 2019 cun programa que arrincará o martes 26 de novembro na sede da Real Academia Galega (A Coruña) e continuará os días 27 e 28 no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela).

O simposio xuntará unha vintena de voces que profundarán na pegada de Antonio Fraguas na cultura galega e no legado que deixou nos estudos de etnografía e folclore, xeografía e arqueoloxía.

A entrada é libre ata completar a capacidade das salas.

 

Arquivos adxuntos: