EDUlingüe +

Experiencias en linguas estranxeiras
Data: 
sábado, 4 de maio de 2019
Lugar: 
Santiago de Compostela

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional organiza a Xornada EDULINGÜE +. Experiencias en linguas estranxeiras, enmarcada nas experiencias EDUlingüe2020. O evento terá lugar o sábado 4 de maio no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.

O programa inclúe conferencias, experiencias e comunicacións presentadas por persoas relatoras de diversos contextos académicos e diferentes nacionalidades que abordarán temas como:

- as dimensións do contido e a avaliación en CLIL.

- a mediación lingüística, ou

- a ludificación na aula de lingua estranxeira.

Tamén se contará coa participación de profesorado de diversos centros educativos galegos que presentarán as súas experiencias en CLIL e no ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras: o programa de dobre titulación Bacharelato e de Baccalauréat Bachibac, os intercambios escolares, as linguas estranxeiras en STEM e ARTS, entre outras.

EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras ofrecerá, ademais, a visión do alumnado que participou en diferentes programas da Estratexia EDUlingüe2020, que amosará experiencias en primeira persoa para achegar reflexións desde a súa propia perspectiva.

A actividade está aberta a todo o profesorado e a inscrición faise a través de Fprofe co código G1802017.

Programa da actividade