Arte e medio ambiente

Da creación á sensibilización ambiental
Data: 
Desde mércores, 19 de xuño de 2019 ata venres, 21 de xuño de 2019
Lugar: 
Castelo de Sta. Cruz (Oleiros - A Coruña)

O CEIDA organiza este curso dirixido a educadores, xestores ambientais e socioculturais e, en xeral, persoas interesadas na arte e no medio ambiente. O evento celebrarase no Castelo de Sta. Cruz (Oleiros - A Coruña) do 19 ao 21 de xuño de 2019. Os obxectivos que se perseguen son:

  • Coñecer as posibilidades da arte como recurso de sensibilización e participación ambiental.
  • Reflexionar sobre o papel das iniciativas de construción artística en e pola contorna e o seu impacto psicosocial.
  • Analizar a evolución da mirada artística sobre o medio ambiente.
  • Revisar experiencias significativas e programas relevantes de impulso da arte en favor da sostibilidade.
  • Desenvolver técnicas e procedimentos de expresión artística sobre a contorna.

 

Máis información