Xornadas de información e orientación profesional 2018

Data: 
xoves, 31 de maio de 2018
Lugar: 
Santiago de Compostela

O xoves 31 de maio celebraranse no CIFP Compostela, en Santiago de Compostela, as Xornadas de información e orientación profesional 2018, dirixidas a profesionais da orientación dos centros educativos.

Trataranse temas de interese xeral dentro do ámbito do departamento de orientación centrados, sobre todo, na inserción profesional, a mellora da empregabilidade do alumnado, o uso seguro e responsable das TIC e o acceso á formación profesional, ademais doutros núcleos temáticos enfocados a fornecer a competencia dos orientadores e das orientadoras dos centros educativos.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse na aplicación de formación do profesorado, a través da ligazón fprofe (código da actividade S1702005).

O prazo de inscrición remata o 23 de maio de 2018.

Programa