IV Seminario Internacional Resclima

A educación para o cambio climático no sistema educativo
Data: 
Desde venres, 26 de outubro de 2018 ata sábado, 27 de outubro de 2018
Lugar: 
Santiago de Compostela

A Rede Internacional de Investigadores en Educación Ambiental y Justicia Climática (REAJA) organiza este seminario sobre o cambio climático co obxecto de tomar conciencia da vulnerabilidade humana diante desta ameaza. No 2º encontro da REAJA ponse a mirada sobre o papel dos sistemas educativos, outorgando atención preferente á inclusión do cambio climático no currículo e na praxe educativa da educación secundaria.
O evento celebrarase os días 26 e 27 de outubro de 2018 no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, artellándose arredor dos seguintes eixes de reflexión:

  • Representacións sociais do cambio climático no alumnado e o profesorado de educación primaria, secundaria e universitaria.
  • A Educación para o cambio climático no sistema educativo universitario e non universitario.
  • Comunicación do cambio climático e cidadanía.
  • A educación nas políticas de cambio climático.
  • Educación para o cambio climático e xustiza ambiental.

Toda a información