II Xornadas Internacionais de Educación Ambiental do CEIDA

Data: 
Desde luns, 23 de abril de 2018 ata venres, 27 de abril de 2018
Lugar: 
Castelo de Santa Cruz (Oleiros - A Coruña)

O CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) que promove a educación ambiental en todos os sectores sociales,organiza, do 23 ao 27 de abril de 2018, estas Xornadas dirixidas a educadoras/es ambientais, educadoras/es sociais, dinamizadores culturais, técnicos/as municipais, profesionais do ámbito da xestión ambiental, profesorado e público xeral interesado.                  .

Os obxectivos que se pretenden acadar son:

  • Crear un marco de reflexión sobre a historia e os desafíos da Educación Ambiental como ferramenta para contribuír á sostibilidade e á mellora da problemática ambiental.
  • Reflexionar sobre o estado e os problemas da Educación Ambiental en Galicia e outros países con afinidades culturais e lingüísticas como son Portugal, Brasil e Cabo Verde.
  • Contribuír á formación e á mellora profesional dos educadores ambientais para aumentar a eficacia do uso da Educación Ambiental como ferramenta de intervención social.

O programa inclúe conferencias, relatorios, boas prácticas e visitas guiadas, entre outras actividades programadas.

A asistencia é libre e gratuíta.

Toda a información nesta ligazón.