II Simposio internacional aprendizaxe-servizo na universidade

Coidando a aprendizaxe e o capital social dos estudantes
Data: 
venres, 25 de maio de 2018
Lugar: 
Santiago de Compostela

A EGAP convoca, en colaboración co grupo de investigación Esculca (Escola-Cultura) e a rede de investigación RIES (Rede de Inmigración, Educación e Sociedade), este simposio que terá lugar na sede da EGAP en Santiago de Compostela o vindeiro 25 de maio.

Vai dirixido ao profesorado das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como ao persoal en formación (bolseiros/as FPI, FPU e bolseiros/as predoutorais e posdoutorais da Xunta de Galicia) e persoas interesadas en xeral.

Entre os obxectivos do evento están:

  • Promover o coñecemento da metodoloxía da aprendizaxe-servizo como vía efectiva de innovación educativa na educación superior.
  • Estudar o impacto da aprendizaxe-servizo nas dinámicas de avaliación da calidade nas universidades europeas.
  • Examinar o grao de desenvolvemento do proceso de institucionalización da aprendizaxe-servizo nas universidades de España en xeral e de Galicia en particular.
  • Dar conta de resultados da aprendizaxe e capital social dos estudantes universitarios alcanzados na investigación.

O prazo de inscrición remata o día 16 de maio.

Máis información

Programa