CILX 2018

Data: 
venres, 1 de xuño de 2018
Lugar: 
Vigo (Pontevedra)

A Universidade de Vigo organiza o XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral que se celebrará do 13 ao 15 de xuño nesta Universidade. Trátase da décimo terceira edición dun evento que tivo a súa orixe en Valencia en 1994 e desde aquela, o CILX achegou un amplo e fecundo diálogo bienal sobre a investigación en Lingüística.

O CILX2018 contará con conferencias plenarias, paneis temáticos e comunicacións que abranguerán as diferentes áreas, metodoloxías e perspectivas teóricas relacionadas co estudo da linguaxe e as linguas.

A inscrición está aberta ata o 13 de xuño.

Programa

Máis información