XIV Congreso Internacional de Educación Inclusiva

Retos e oportunidades
Data: 
Desde luns, 3 de abril de 2017 ata mércores, 5 de abril de 2017
Lugar: 
Oviedo

A Universidade de Oviedo e o Centro UNESCO do Principado de Asturias organizan o XIV Congreso Internacional de Educación Inclusiva, xunto ás XXXIV Xornadas de Universidades e Educación Inclusiva.

O obxectivo que se persegue é xerar un espazo para debater e compartir políticas e experiencias sobre prácticas innovadoras inclusivas en todas as etapas educativas, reflexionar sobre os retos presentes e futuros e identificar oportunidades de mellora desde a corresponsabilidade e o compromiso social e político.

O Congreso combina relatorios, mesas redondas e paneis de comunicacións coa intención de favorecer a comunicación entre os asistentes, o intercambio de experiencias e a aprendizaxe interprofesional. Ademais, contará coa presenza de varios expertos de renome no tema como Francesco Tonucci ou César Bona.

Máis información