III Seminario Aprendizaxe-Servizo no ensino non universitario

O valor da experiencia
Data: 
Desde mércores, 3 de maio de 2017 ata venres, 5 de maio de 2017
Lugar: 
Santiago de Compostela

O Grupo de Investigación ESCULCA da Universidade de Santiago de Compostela organiza a III edición do Seminario "Aprendizaxe-Servizo no ensino non universitario. O valor da experiencia", que se celebrará na Facultade de Ciencias da Educación da USC (Campus Vida) os días 3, 4 e 5 de maio de 2017. Os obxectivos que se pretenden acadar son os seguintes:

  • - Aprender en que consiste a metodoloxía da Aprendizaxe-Servizo.
  • - Vislumbrar as posibilidades da ApS nos diferentes ámbitos da educación formal.
  • - Bosquexar a realización de proxectos de Aprendizaxe-Servizo.
  • - Analizar experieciencias que se están a desenvolver no ámbito galego.

As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición (do 6 ao 27 de abril).

Esta actividade ten solicitada a homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación permanente do profesorado (10 horas).

Inscrición

Programa