I Congreso Nacional de Educación Física, Neuromotricidade e Aprendizaxe

Data: 
Desde luns, 11 de decembro de 2017 ata mércores, 13 de decembro de 2017
Lugar: 
Guadalaxara

Os días 11, 12 e 13 de decembro de 2017 celebrarase o I Congreso Nacional de Educación Física, Neuromotricidade e Aprendizaxe na cidade de Guadalaxara. O evento está organizado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do Consello Superior de Deportes e o Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. O seu principal obxectivo é dar a coñecer as investigacións e os estudos sobre a práctica motriz e a súa influencia no funcionamento cerebral e, polo tanto, sobre a capacidade cognitiva xeral.

Está dirixido a docentes de ensino non universitario, estudantes de Grao de Educación Infantil e Primaria, estudantes de Grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, estudantes de Máster de Formación de Profesorado da mencionada especialidade, técnicos dos centros de Formación do Profesorado e das administracións educativas, así como outros profesionais do ámbito da actividade física e do deporte que poidan estar interesados nos eixos temáticos do Congreso.

PROGRAMA

Toda a información