FP Innova

Congreso de Innovación na Formación Profesional
Data: 
Desde mércores, 10 de maio de 2017 ata venres, 12 de maio de 2017
Lugar: 
Santiago de Compostela

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza a segunda edición do Congreso de Innovación na Formación Profesional, que terá lugar os días 10, 11 e 12 de maio na Cidade da Cultura de Galicia.

O congreso contará cunha zona expositiva, na que se amosarán algúns dos proxectos de innovación tecnolóxica e didáctica desenvolvidos por centros galegos de formación profesional, así como proxectos resultantes do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende. O acceso a estes espazos ten carácter gratuíto para o público en xeral. Aqueles centros que desexen organizar unha visita para alumnado deberán cubrir unha solicitude de inscrición na páxina web, segundo as instrucións que recibirán por correo electrónico.

Os obxectivos do congreso e da exposición son:

  • Facer partícipe á comunidade educativa e á sociedade da potencialidade dos centros de formación profesional cara á innovación tecnolóxica e didáctica e o emprendemento, destacando a importancia para o futuro das actuacións que se están a levar a cabo nos centros que imparten estas ensinanzas.
  • Difundir a importante actividade innovadora xerada polo profesorado e o alumnado de formación profesional.
  • Dar un paso máis na relación coa pequena e a mediana empresa dos centros e das redes de centros de formación profesional.
  • Afianzar a cada vez maior colaboración entre os centros de FP e os sectores produtivos correspondentes, que redunde nunha mellora da cualificación e da empregabilidade dos/das futuros/as profesionais.

Toda a información nesta ligazón

Palabras clave: