Intervención emocional e de conduta nas dificultades de aprendizaxe

Data: 
sábado, 21 de febreiro de 2015
Lugar: 
Zaragoza

O curso ten como obxectivo ofrecer ferramentas prácticas de intervención para os profesionais da educación que se enfrontan con nenos e adolescentes afectados por dificultades de aprendizaxe.

Trataranse os aspectos neuropsicolóxicos que acompañan estas dificultades, as consecuencias emocionais e no comportamento que desencadean, e afondarase no método de intervención en base ao modelo estratéxico.

En relación ás problemáticas descritas, proporcionaranse metodoloxías de análise e cambio, definindo as emocións de base na súa relación cos modelos educativos familiares.

Acceso ao PROGRAMA