III Xornadas Internacionais educaBarrié sobre Patrimonio

O Patrimonio Inmaterial na escola
Data: 
Desde venres, 17 de abril de 2015 ata sábado, 18 de abril de 2015
Lugar: 
A Coruña

A Fundación Barrié traslada o seu compromiso co Patrimonio ao eido educativo coa celebración na súa sede da Coruña destas xornadas, encadradas dentro das accións da Fundación para potenciar a educación patrimonial en todos os niveis educativos, con especial atención á sostibilidade e á conservación do Patrimonio como fonte de riqueza e desenvolvemento para as futuras xeracións.

Dirixidas a docentes de todos os ciclos educativos, pedagogos, educadores e estudantes de maxisterio así como a todas aquelas persoas con interese en profundar coñecementos na área de Patrimonio Inmaterial, o obxectivo principal é potenciar, a través de comunicacións e obradoiros prácticos, a didáctica do Patrimonio Inmaterial nas aulas coa finalidade de integralo dun xeito interdisciplinar no currículo educativo.

Máis información