III Simposio Internacional de Educación Musical

SIEM 2015
Data: 
Desde mércores, 4 de febreiro de 2015 ata venres, 6 de febreiro de 2015
Lugar: 
Granada

Do 4 ao 6 de febreiro de 2015 celebrarase no Real Conservatorio Superior de Música "Victoria Eugenia" de Granada o III Simposio Internacional de Educación Musical que, nesta edición, centrarase na etapa de educación infantil.

Presentaranse sete relatorios e un obradoiro sobre educación musical infantil dende diferentes perspectivas: dos 0 aos 3 anos, en Escolas de Música, en ámbitos non formais, de interacción con outras capacidades a desenvolver nestas idades... co obxecto de aportar unha visión global da importancia da educación musical dos 0 aos 6 anos, e que se desenvolveron a partir de experiencias directas na aula e froito da investigación.

Ademais, o simposio contará con tres sesións dirixidas polos integrantes da Acción Clave 2, do programa Erasmus+ MusiChild. Estas accións claves están dedicadas á cooperación para a innovación e as boas prácticas educativas que, neste caso, levan como título "A educación musical infantil mediterránea: educando a musicalidade dos nenos, avaliando a aprendizaxe musical e facilitando a preparación do profesorado".

Máis información nesta ligazón