I Congreso nacional do profesorado de FOL

Impulsando a innovación educativa e o emprendemento
Data: 
Desde venres, 24 de abril de 2015 ata sábado, 25 de abril de 2015
Lugar: 
Valencia

Organizado polo Centro de Formación, Innovación e Recursos Educativos (CEFIRE) Específico de FPEAD (Formación Profesional e Ensinanzas Artísticas e Deportivas) da Comunidade Valenciana, este congreso pretende ser un punto de encontro, intercambio de experiencias, networking e creación de redes de traballo futuras entre a comunidade de profesorado de Formación e orientación laboral.
Os principais núcleos sobre os que pivotará o congreso son a innovación educativa, como motor de cambio da dinámica da aula, e o desenvolvemento do espírito emprendedor como alternativa ao emprego por conta allea.
O obxectivo é poñer en común as novas metodoloxías de ensino-aprendizaxe, tales como a aprendizaxe baseada en proxectos ou a competencia dixital e o ámbito 2.0 na aula, co obxeto de desenvolver a iniciativa emprendedora e a autoocupación entre o alumnado.

Accede ao PROGRAMA