Encontros do PLAMBE

Data: 
Desde xoves, 12 de marzo de 2015 ata venres, 13 de marzo de 2015
Lugar: 
Santiago de Compostela

Os vindeiros 12 e 13 de marzo terán lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, unha cita anual do profesorado que coordina e representa aos equipos de bibliotecas escolares dos centros integrados neste programa. No presente curso participan deste Rede de bibliotecas escolares que supón o PLAMBE un total de 550 centros distribuídos por toda a xeografía do país.

A participación nos encontros distribúese do seguinte xeito:

- xoves 12 de marzo: responsables das bibliotecas dos 33 centros que se incorporaron ao PLAMBE na convocatoria de 2014.

- venres 13 de marzo: responsables do resto das bibliotecas do PLAMBE ata un total de 550.

Presentaranse experiencias de bibliotecas escolares de centros que salientan polas súas boas prácticas, e os participantes poderán tamén acudir a unhas reunións temáticas sobre a formación audiovisual, as apps na biblioteca escolar, a colaboración entre as bibliotecas escolares e coas bibliotecas públicas ou sobre avaliación dos servizos da biblioteca, entre outras. Poñerá o punto final aos encontros o catedrático de Mediciña Legal da USC, experto internacional en xenética e divulgador científico, Ángel Carracedo, autor do manifesto publicado o pasado novembro, con ocasión do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

Accede ao PROGRAMA

Máis información nesta ligazón