XXV Simposio Internacional de didáctica das ciencias sociais

25 anos de investigación e innovación na didáctica das ciencias sociais. Unha mirada ao pasado e un proxecto de futuro
Data: 
Desde martes, 8 de abril de 2014 ata xoves, 10 de abril de 2014
Lugar: 
Barcelona

Baixo o lema "25 anos de investigación e innovación na didáctica das ciencias sociais. Unha mirada ao pasado e un proxecto de futuro", este simposio, organizado por diferentes grupos de traballo, ten como principal obxectivo debater o estado da investigación nos tres grandes ámbitos de preocupación da didáctica das CCSS:
. O currículo e a innovación no ensino das ciencias sociais, da xeografía, da historia e da educación para a cidadanía.
. A investigación dos problemas do ensino e a aprendizaxe das disciplinas sociais en contextos escolares (dende a educación infantil ao bacharelato).
. O currículo e a investigación sobre a formación do profesorado de ciencias sociais, xeografía, historia e educación para a cidadanía.

O evento terá lugar do 8 ao 10 de abril na Universidade de Barcelona.

Máis información AQUÍ