XVI Encontros de Normalización Lingüística

Data: 
Desde mércores, 24 de setembro de 2014 ata xoves, 25 de setembro de 2014
Lugar: 
Santiago de Compostela

O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, dependente do Consello da Cultura Galega (CCG), organiza en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de setembro, os XVI Encontros pola Normalización Lingüística co obxectivo de analizar a realidade plurilingüística de España, comparando a evolución e sociolingüística das diferentes linguas de España, pero tamén da política das institucións españolas.

O programa desta XVI edición está estruturado en dúas vertentes:
- no primeiro día atenderase a contrastar a situación (evolución, perspectivas, sociolingüística…) das linguas cooficiais, como o catalán e o vasco.
- o segundo día centrarase nos diferentes aspectos da política lingüística española en relación co multilingüismo interno e de Europa en relación coas linguas non estatais.

A inscrición, libre e gratuíta, pódese facer a través da páxina web da institución.