Xornada Procesos Educativos e Novas Tecnoloxías

Data: 
xoves, 20 de febreiro de 2014
Lugar: 
A Coruña (Fundación Paideia Galiza, Praza de María Pita, 17 )

A Fundación Paideia Galiza, en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza a xornada Procesos Educativos e Novas Tecnoloxías co fin de debater, opinar e compartir experiencias sobre a implantación das novas tecnoloxías da comunicación e información no sector educativo. Esta actividade está dirixida a docentes, profesionais e estudantes da educación e da pedagoxía.

Contará co relatorio de Jordi Adell Segura, profesor titular da área de Didáctica e Organización Escolar, e unha mesa redonda con experiencias de varios centros educativos.

A asistencia é gratuíta (con aforo limitado) previa inscrición no teléfono 981 22 39 27 ou por e-mail: paideia@paideia.es.

Acceso ao PROGRAMA