XIII Congreso Internacional de Formación do Profesorado

Investigar para acompañar o cambio educativo e social. O papel da Universidade
Data: 
Desde xoves, 20 de novembro de 2014 ata sábado, 22 de novembro de 2014
Lugar: 
Santander

Continuando co carácter de encontro, intercambio, discusión e crítica que caracteriza os congresos de Formación do Profesorado promovidos pola Asociación Interuniversitaria de Formación do Profesorado (AUFOP), o XIII Congreso, que terá lugar en Santander, asume e recoñece esta tradición, invitando aos participantes a pensar sobre o cambio da educación dende o seu particular lugar de traballo. O título desta edición, Investigar para acompañar o cambio educativo e social. O papel da Universidade, mostra o seu afán por abrir un foro no que debater sobre o papel da institución universitaria no camiño da transformación da educación e da sociedade.

O Congreso preséntase como un lugar de encontro entre profesionais do ensino onde se interroga á Universidade como institución, co obxectivo de dirimir como traballar xunto a outras institucións docentes para favorecer, estimular, apoiar e soster a mellora educativa e social.

Toda a información nesta ligazón