VIII Seminario Nacional de atención educativa ao alumnado inmigrante

Experiencia e innovación
Data: 
Desde venres, 12 de decembro de 2014 ata sábado, 13 de decembro de 2014
Lugar: 
Santiago de Compostela

Organizado polo Grupo Esculca da USC, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, celebrarase os días 12 e 13 de decembro de 2014 na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela,  este VIII seminario, que  ten como obxectivo central o intercambio de ideas, experiencias e coñecementos entre os profesionais que se dedican á atención educativa do alumnado inmigrante, para o impulso da investigación e a innovación neste terreo. O encontro está pensado para ampliar e fortalecer as canles de colaboración entre eles e poñer en valor proxectos a este respecto axudando a difundir estas boas prácticas.

Esta  edición terá como eixe central a diversidade e o pluralismo relixioso, contando cun programa onde intervirán expertos e profesionais cun amplo percorrido no ámbito.

Máis información

Programa