V Encontro Nacional: Asociación pedagóxica Francesco Tonucci

Educar con 3 Cs: Capacidades, Competencias e Corazón
Data: 
Desde venres, 6 de xuño de 2014 ata domingo, 8 de xuño de 2014
Lugar: 
Granada

Este Encontro, que se presenta dende a Asociación Pedagóxica Francesco Tonucci, pretende formar e actualizar os participantes para lograr unha sociedade máis cooperativa e intercultural, unha escola onde as Capacidades (talentos e intelixencias múltiples), Competencias (habilidades para a vida) e o Corazón (afecto e enerxía) dos seus participantes non sexan un problema e si unha solución.
Sumar como proposta, apostar pola calidade do sistema e das persoas, respectar para integrar, buscar o esforzo moito máis alá do mercantilismo, encontrar o valor das persoas no respecto, o potencial e o encontro. En definitiva, presentar camiños alternativos que sempre dignifiquen a infancia.

A estrutura metodolóxica do encontro apóiase en dous tipos de técnicas fundamentais:
1. Exposicións por parte dos relatores, deixando espazos sempre para as preguntas por parte dos asistentes.
2. Faladoiros pedagóxicos, coa participación de varios expertos que, sobre unha temática común, exporán diferentes perspectivas.

Acceso ao PROGRAMA

Máis información nesta ligazón