Simposio Internacional "A literatura en pantalla"

Textos, lectores e prácticas docentes
Data: 
Desde venres, 3 de outubro de 2014 ata sábado, 4 de outubro de 2014
Lugar: 
Barcelona

A literatura dixital está a introducir transformacións significativas na produción dirixida aos nenos e mozos. Unhas transformacións que a comunidade educativa non pode ignorar pola súa incidencia nos usos lectores e polos retos que formulan para a formación literaria.

En relación a este fenómeno crecente, o grupo de investigación GRETEL (Grupo de Investigación en literatura infantil e xuvenil e educación literaria da Universidade Autónoma de Barcelona) convoca en Barcelona, os días 3 e 4 de outubro, un Simposio Internacional, coa dobre finalidade de ofrecer os resultados da investigación neste ámbito e de facilitar instrumentos concretos de intervención que incidan na mellora do labor educativo.

Obxectivos:

  •  Análise da produción actual da literatura infantil e xuvenil dixital.
  •  Presentar e discutir os avances da investigación sobre os usos lectores e os procesos interpretativos de obras dixitais por parte dos nenos e adolescentes en diversas situacións, dentro e fóra da escola.
  •  Intercambiar experiencias e prácticas docentes que incorporen as tecnoloxías, ou ben os textos literarios dixitais, á educación literaria das diferentes etapas educativas.
  •  Promover a investigación sobre o corpus literario dixital, o seu impacto nos lectores e a súa integración nas aulas, así como sobre a incidencia das tecnoloxías na formación do lector literario.

Máis información