Simposio Internacional de Filosofía da Educación

Aprendizaxe ético-cívica en ámbitos virtuais
Data: 
Desde luns, 29 de setembro de 2014 ata martes, 30 de setembro de 2014
Lugar: 
Logroño

Organizado polo Grupo de Investigación “El quehacer educativo como acción” da Universidade Internacional da Rioxa (UNIR), xunto co Instituto Europeo de Iniciativas Educativas, os días 29 e 30 de setembro de 2014 celebrarase en Logroño o Simposio Internacional de Filosofía da Educación “Aprendizaxe ético-cívica en ámbitos virtuais” que pretende promover unha reflexión pedagóxica sobre as Tecnoloxías da Educación e a Información.
Concretamente, estudarase a potencialidade destas tecnoloxías para xerar aprendizaxes de carácter ético-cívico e para iso propóñense as seguintes liñas temáticas:

1. Máis aló da seguridade e a protección: cultivo de virtudes a través da rede.
2. Redes sociais e coidado da intimidade.
3. Educación cívica e participación cidadá on line.
4. Videoxogos: fomento da violencia ou potencialidade educativa?
5. A familia como promotora de aprendizaxes ético-cívicas en Internet.
6. Narrativas audiovisuais e literatura.
7. Experiencias educativas sobre un uso con sentido da rede.

O Simposio está aberto á participación presencial e on line, a través da plataforma virtual.

Máis información