Programa ConCiencia da USC

Data: 
mércores, 21 de maio de 2014
Lugar: 
Santiago de Compostela

O programa ConCiencia, da USC recibe a Harald zur Hausen, galardoado co Premio Nobel de Medicina 2008 polo seu descubrimento de que os virus do papiloma humano provocan cancro cervical. Demostrou que practicamente todos os cancros de colo de útero, o segundo máis frecuente en mulleres, foran infectados por papilomavirus humano (HPV). Esta observación ía contra o consenso da época, na que se cría que se este cancro tiña relación cun virus sería co do herpes. Tamén foi unha observación difícil de facer coa tecnoloxía do momento.

Os descubrimentos de zur Hausen permitiron o desenvolvemento de vacinas contra o HPV que previrán a aparición de cancros de colo de útero nas xeracións vindeiras.

A conferencia titulada "A busca de cancros vinculados a infeccións"  terá lugar no Auditorio de Novagalicia Banco (Rúa Preguntoiro, 23) o mércores 21 de maio de 2014 ás 19:00 h.

Entrada libre ata completar aforo, con tradución simultánea