O encerado dixital Smart Notebook

Data: 
Desde martes, 18 de febreiro de 2014 ata mércores, 26 de febreiro de 2014
Lugar: 
Vigo

A Fundación Barrié organiza este curso dirixido a profesores e profesoras de Educación Primaria, Secundaria e Bachillerato  e impartido por Carlos Vázquez Ares, licenciado en Xeografía Aplicada pola USC.

Terá lugar na súa sede de Vigo os días 18, 19, 20, 25 e 26 de febreiro de 2014.

Obxectivos:

. Distinguir entre Encerado Dixital e Encerado Dixital Interactivo (EDI).
. Coñecer os elementos que configuran o Encerado Dixital Interactivo.
. Coñecer os distintos tipos de encerados dixitais interactivos, as súas características, vantaxes e inconvenientes.
. Analizar os cambios producidos no ensino coa chegada das novas tecnoloxías á aula.
. Debater sobre a importancia das TICs como ferramenta de mellora no ensino.
. Aprender a instalar o EDI e o software que necesita.
. Coñecer as aplicacións do software de Smart Notebook e aplicar o aprendido para crear actividades para o EDI.
. Traballar con ferramentas de vídeo e son para integrar o EDI.
. Coñecer a aplicación LIM e crear actividades para o EDI.
. Utilizar os recursos que facilita Smart e aprender a buscar outros recursos na rede.
. Reflexionar sobre o uso que se pode facer do EDI na aula e plasmar o aprendido en actividades concretas.
. Ser capaces de crear actividades complexas con EDI.
 

Máis información en AQUÍ