Monográfico sobre intervención en dislexia e Tdah

2ª edición
Data: 
sábado, 10 de maio de 2014
Lugar: 
Santiago de Compostela

A empresa INTEGRATEK en colaboración con AGADIX (Asociación galega de Dislexia) celebrará unha 2º edición da xornada formativa  "Monográfico sobre intervención en Dislexia e Tdah" o sábado 10 de maio no Colexio La Salle de Santiago de Compostela. 

O curso ten como principal obxectivo ofrecer os coñecementos necesarios para a intervención reeducativa na dislexia e o TDAH. Partindo desde o punto de vista da experiencia no traballo diario con estes trastornos, aprenderase a deseñar actividades, xogos, seleccionar recursos e elaborar materiais.

Toda a información AQUÍ

FORMULARIO DE INSCRICIÓN