LOMCE: xestión dos cambios en educación

Data: 
mércores, 12 de marzo de 2014
Lugar: 
Santiago de Compostela.

A Asociación de Directores e Directivos de IES de Galicia (ADDIGA), en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organiza estas Xornadas no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago de Compostela.

Celebraranse en dúas sesións que terán lugar os días 26 de febreiro e 12 de marzo de 2014 en horario de mañá e tarde. Debateranse temas como a incidencia da nova lei educativa (LOMCE) nos centros e a adquisición e posta en práctica de ferramentas para xestionar os cambios en educación.

Esta actividade está homologada con 15 horas de formación para o profesorado.

Máis información na web de ADDIGA