IV Xornadas de Literatura e Ensino

A Xeración Nós-outr@s
Data: 
sábado, 18 de outubro de 2014
Lugar: 
Santiago de Compostela

Organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e o patrocinio da Fundación Cidade da Cultura de Galicia - Xunta de Galicia, o vindeiro 18 de outubro celebrarase no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia (Monte Gaiás) as IV Xornadas de Literatura e Ensino "A Xeración Nós-outr@s", nas que se reflexionará sobre a importancia da literatura non só como obxecto de estudo en si propio e/ou como ferramenta para o coñecemento transversal e a formación do individuo, senón como modelo de reprodución para favorecer a procura da propia experiencia creativa persoal.

Obxectivos:

  • Valorar a literatura galega, a través das diferentes voces das mulleres, construtoras de pensamento e expresión literaria, como unha ferramenta clave para a adquisición das competencias básicas.
  • Adecuar a diversidade metodolóxica literaria aos novos tempos educativos.
  • Achegarse aos contidos didácticos e interactivos que as TIC ofrecen para o profesorado.
  • Reflexionar sobre a necesaria revisión e actualización da transmisión didáctica da literatura no ensino obrigatorio e posobrigatorio tendo en conta tamén a perspectiva de xénero para o avance da igualdade.
  • Reflexionar sobre os criterios de selección e o estabelecemento de canons literarios orientativos para o ensino da literatura.
  • Coñecer e analizar as estratexias de sedución que faciliten a descuberta e o achegamento á lectura por parte do público infantil e xuvenil.
  • Debater directamente sobre orientacións e estratexias de achegamento da linguaxe literaria para a infancia e mocidade xunto con escritoras da literatura galega.
  • Concienciarse da necesidade de estimular creativamente, na expresión escrita, o alumnado.

 

Toda a información AQUÍ

Palabras clave: