III Congreso de software libre para educación

Data: 
Desde martes, 1 de Xullo de 2014 ata mércores, 2 de Xullo de 2014
Lugar: 
Santiago de Compostela

Organizado por IGACIENCIA en colaboración con educaBarrié, neste III Congreso de software libre para educación impartiranse conferencias e obradoiros sobre sensores (Ciencia, Matemáticas e Tecnoloxía) para profesores de primaria, secundaria, bacharelatos e ciclos formativos.

Obxectivos:

- Propiciar o intercambio e coñecemento mutuo entre investigadores e profesores na área de software libre para o seu uso en educación.
- Brindar a posibilidade de encontro entre todos os profesores de Galicia interesados no ensino da área científica-matemática-tecnolóxica, e mesmo das demais áreas do ensino, desde o punto de vista do uso de software libre, para facilitar o intercambio de ideas e experiencias así como a presentación e difusión de recursos didácticos.
- Ofrecer un espazo para coñecer mellor e gozar do mundo do software libre con exposicións de diversas experiencias e mostras.
- Ver as posibilidades de uso do software libre nas empresas e na FP.

Data: 1 e 2 de xullo de 2014

Lugar: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia-CNTG, Santiago de Compostela

Máis información no espazo web de IGACIENCIA