III Congreso Internacional de Danza, Investigación e Educación

Xénero e inclusión Social
Data: 
Desde xoves, 24 de abril de 2014 ata sábado, 26 de abril de 2014
Lugar: 
Málaga

Organizado polo Departamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal da Universidade de Málaga, o III Congreso Internacional de Danza, Investigación e Educación aborda a relación danza - xénero - inclusión social dende un punto de vista histórico, tratando de reflexionar acerca da importancia que a danza tivo como medio de inclusión do individuo na sociedade, así como o papel que xogou respecto ao xénero segundo as diferentes etapas históricas que nos precederon.

Dende o punto de vista educativo, o congreso reivindica a necesidade da verdadeira incorporación desta arte no currículo da educación obrigatoria, avalada por numerosos estudos nos que se demostra a integración da totalidade do alumnado na aula, tanto dende un punto de vista da socialización coma no aspecto educativo.

En definitiva, preténdese transmitir aos asistentes unha serie de ferramentas de ensino-aprendizaxe baseadas na posta en práctica de diferentes tipos de danza así como no coñecemento dos métodos e técnicas de investigación esenciais existentes a este respecto co fin de optimizar a posterior transmisión na aula duns valores e competencias esenciais na educación do ser humano.

Obxectivos didácticos

  •     Fomentar a coeducación e a interacción social.
  •     Desenvolver e afianzar un estilo de vida saudable a través do coidado do corpo.
  •     Analizar diferentes tipos de coreografías.
  •     Coñecer diferentes tipos de culturas a través do baile.
  •     Controlar e coordinar positivamente o propio corpo.
  •     Comunicar mediante o movemento
  •     Introducir a avaliación obxectiva no contexto educativo da danza

Acceso ao PROGRAMA

Toda a información AQUÍ