II Congreso Nacional de Intelixencia Emocional

Data: 
Desde mércores, 22 de outubro de 2014 ata venres, 24 de outubro de 2014
Lugar: 
Barcelona

Organizado polo Grupo de traballo en Intelixencia Emocional do Colexio Oficial de Psicólogos de Cataluña, celebrarase en Barcelona, do 22 ao 24 de outubro, o II Congreso Nacional de Intelixencia Emocional, que pretende ser un punto de encontro  para poñer en común as investigacións recentes neste ámbito así como difundir os novos avances e experiencias que se realizan no noso país, un lugar onde se fomente a formación e a actualización permanente e se vele por unha axeitada praxe nas súas distintas aplicacións.

Os obxectivos que se formulan son:
1. Consolidar os modelos conceptuais existentes da IE, e avanzar nos aspectos teóricos do concepto.
2. Revisar os últimos avances en canto ás aproximacións dispoñibles para a avaliación da IE.
3. Mostrar o impacto da IE no ámbito aplicado, concretamente no da saúde, a educación, as organizacións e o deporte.
4. Ofrecer un espazo de traballo experiencial das habilidades emocionais da IE.

Toda a información AQUÍ