I Xornadas cara unha escola inclusiva

Data: 
Desde venres, 24 de outubro de 2014 ata sábado, 25 de outubro de 2014
Lugar: 
A Coruña

ANHIDACORUÑA, asociación de nenos afectados por TDAH, organiza as I Xornadas cara unha escola inclusiva, que se celebrarán na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña os días 24 e 25 de outubro. O obxectivo é promover un espazo para a reflexión, intercambio de coñecementos e compromiso profesional, dentro do marco de competencias do profesorado e demais axentes implicados (profesorado de apoio, equipos de orientación, inspección educativa...) na posta en práctica de protocolos de actuación para nenos e adolescentes que sofren algún destes trastornos: TDAH, Asperger, dislexia, altas capacidades ou trastorno específico da linguaxe.

A temática insistirá no enfoque dos trastornos, a comprensión da complexidade e diversidade do ser humano como parte do desenvolvemento social e persoal, así como a busca de espazos integradores.

Falarase da diversidade e da non-diversidade, tratando de mostrar a realidade que se está a vivir por parte destes colectivos, achegándose a unha valoración real e obxectiva da situación.

Máis información