Galician Connection 2014

Xornada Educa
Data: 
venres, 4 de abril de 2014
Lugar: 
Centro de Innovación Cultural (Cidade da Cultura de Santiago de Compostela)

Galician Connection é un programa formativo arredor da música no que teñen lugar actividades e accións relacionadas coa formación e a colaboración. Nesta terceira edición organízase en tres xornadas, das cales unha delas, a Xornada Educa, centrarase nunha temática de especial importancia: a integración das artes na educación. Nela:

- Daranse a coñecer iniciativas nacionais e internacionais que reivindican un papel máis significativo das artes dentro dos sistemas educativos.

- Presentaranse proxectos nos que as artes, e especialmente a música, son un eixe vertebrador nos currículos escolares, co obxectivo de mellorar os resultados educativos.

- Mostraranse proxectos de educación musical innovadores que apostan por novas metodoloxías e pedagoxías de ensino.

- Ofreceranse un abano de iniciativas musicais que se están a desenvolver no ámbito universitario de Galicia.

O evento estará aberto ao público xeral, e especialmente indicado para docentes, estudantes de música, de comunicación e de artes en xeral, xestores culturais, músicos afeccionados ou profesionais, artistas plásticos, e profesionais das artes escénicas e danza.

Acceso ao programa da Xornada Educa