Estimulación da linguaxe e as habilidades sociais do alumnado con Trastorno Específico da Linguaxe (TEL)

Data: 
sábado, 27 de setembro de 2014
Lugar: 
MUPEGA (Santiago de Compostela)

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGA) ofrecen o curso "Estimulación da linguaxe e as habilidades sociais do alumnado con Trastorno Específico da Linguaxe (TEL)" que terá lugar no Salón de Actos do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) o día 27 de setembro de 2014 das 10:00 ás 14:00 horas.

Entre os seus obxectivos están:

  • - formar e informar á comunidade educativa sobre as estratexias e modelos máis axeitados para atender alumnado con TEL.
  • - servir de punto de encontro e colaboración entre familiares de afectados, profesionais educativos e terapeutas, co fin de mellorar a atención que reciben os/as nenos/as con TEL na escola.

O curso está dirixido a profesionais educativos, familiares, terapeutas e cidadanía en xeral e estará impartido pola psicóloga Raquel Ayuda Pascual.
 

Toda a información nesta ligazón.