EDUTEC 2014

O hoxe e o mañá xunto as TIC
Data: 
Desde mércores, 12 de novembro de 2014 ata venres, 14 de novembro de 2014
Lugar: 
Córdoba

A Universidade de Córdoba organiza, do 12 ao 14 de novembro, este evento co obxecto de achegarse á realidade das redes sociais nas universidades, á potencialidade das TIC na formación e aprendizaxe da linguaxe, á creación de material multimedia para centros educativos así como á xeración dinámica de ámbitos persoais de aprendizaxe.

Os núcleos ou eixes temáticos sobre os que tratarán as comunicacións son:

Eixe 1: Formación para o uso de tecnoloxías e competencia dixital.
Eixe 2: Ferramentas tecnolóxicas aplicadas á educación.
Eixe 3: Implicacións sociais do uso de tecnoloxías e tecnoloxías para a inclusión.
Eixe 4: Pedagoxía flexible e aberta apoiada en TIC.

Toda a información nesta LIGAZÓN