Curso de literatura práctica

Data: 
Desde sábado, 13 de setembro de 2014 ata sábado, 22 de novembro de 2014
Lugar: 
Museo-Fundación Eugenio Granell (Santiago de Compostela)

A Concellería de Normalización Lingüística, coa colaboración da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, organiza unha nova edición dos obradoiros de literatura para adultos que veñen realizándose estes últimos anos durante o outono.

Nesta ocasión, o programa, que leva por título Curso de literatura práctica, estará conducido polo escritor Camilo Franco e ofrecerá unha aproximación á literatura a partir de reflexións sobre onde comezan as historias ou a quen debe convencer o escritor ou escritora. Contará tamén coa participación doutros autores convidados.

O curso, gratuíto, componse de dez sesións, os sábados de 11.30 a 13.30 horas, na aula de didáctica do Museo-Fundación Eugenio Granell (praza do Toural) e comeza o 13 de setembro.

A inscrición cómpre facela por correo electrónico, enviando os datos persoais (nome, enderezo e teléfono de contacto) ao Departamento de Lingua Galega (dlg@santiagodecompostela.org).

A data límite de inscrición é o 5 de setembro e o número de prazas, que se asignarán por orde de chegada das inscricións, é de 25.