Aprender para comprender, comprender para aprender e poder emprender

Data: 
Desde venres, 28 de novembro de 2014 ata domingo, 30 de novembro de 2014
Lugar: 
Madrid

Co obxectivo de coñecer, comprender e reflexionar sobre as novas tendencias no ámbito da educación, a Asociación Mundial de Educadores Infantís (AMEI-WAECE) organiza en Madrid, entre os días 28 e 30 de novembro, o congreso Aprender para comprender, comprender para aprender e poder emprender dirixido aos profesores de Infantil e 1º e 2º de Primaria.

Este encontro reunirá a unha serie de expertos en organizar o labor docente tendo en conta novas tendencias como o construtivismo da ciencia cognitiva contemporánea, as intelixencias múltiples, a educación para a comprensión, as novas tecnoloxías ou a actitude emprendedora na escola. Así mesmo, falarase de traballos por proxectos, a aprendizaxe a través do movemento ou de como comprender e aprender matemáticas a través dos contos.

O congreso tamén se retransmitirá on line.

Máis información AQUÍ