Xornadas de Innovación Educativa 2013

Data: 
Desde luns, 16 de decembro de 2013 ata martes, 17 de decembro de 2013
Lugar: 
Vigo

A Universidade de Vigo, a través do Vicerreitorado de Alumnado, Docencia e Calidade, organiza as Xornadas de Innovación Educativa 2013 para impulsar o intercambio de experiencias innovadoras entre o profesorado universitario. Terán lugar no salón de actos da Escola de Enxeñaría en Telecomunicación do Campus de Vigo os días 16 e 17 de decembro de 2013.

Os obxectivos das xornadas son:

  • Servir como punto de encontro e intercambio de experiencias entre docentes e/ou estudantes dos distintos ámbitos universitarios.
  • Impulsar a innovación e investigación educativa na Universidade.
  • Facilitar o intercambio de experiencias e proxectos.
  • Reflexionar sobre os cambios pedagóxicos que as innovacións e as investigacións educativas están a xerar na actividade docente.

A participación nas xornadas é gratuíta. É requisito imprescindible para participar terse inscrito a través de Bubela.

Acceso ao Programa das Xornadas

Máis información AQUÍ