X Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e a Educación Física

Data: 
Desde xoves, 8 de maio de 2014 ata sábado, 10 de maio de 2014
Lugar: 
Pontevedra

Por décimo ano consecutivo, Pontevedra acollerá, do 8 ao 10 de maio de 2014, o X Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Un evento pensado para as persoas que estean vinculadas ao deporte a través dalgunha das 6 áreas temáticas do congreso:

Área 1: saúde e hixiene

Área 2: lecer

Área 3: didáctica da Educación Física e do deporte

Área 4: rendemento deportivo

Área 5: xestión, organización e lexislación deportiva

Área 6: Ciencias Sociais, Antropoloxía, Socioloxía e Psicoloxía Do Deporte.

O congreso reunirá a 400 profesionais procedentes de todos os recantos do mundo, establecendo relacións profesionais entre os participantes e difundindo o coñecemento técnico-científico xerado nos últimos anos.

 

Máis información na WEB